As baterías militares |
![]() |
Sobre o Seixo Branco aínda hoxe pódense observar os restos dunha instalación militar. Trátase da antiga batería de proxectores do Seixo Branco deseñada antes da Guerra Civil e que contou cun proxector de 150 cm de diámetro durante un breve lapso de tempo a comezos dos anos corenta. Ao rematar a II Guerra Mundial sufriu un lento proceso de abandono ata quedar desafectada polo Ministerio de Defensa en 1993. As súas instalacións, hoxe en ruínas, constan dun posto de combate con dúas estruturas:
Este plan prevía a creación de varios grupos de baterías de costa e antiaéreas co apoio de grupos de proxectores de exploración e tiro para buscar e iluminar os posibles obxectivos. O grupo da Coruña contaría coas baterías de proxectores de Suevos, a Torre de Hércules e o Seixo Branco. |