Un mar ateigado de vida |
![]() |
A paisaxe verde da costa de Dexo-Serantes transfórmase en multicolor baixo a superficie do mar. As súas augas albergan gran diversidade de organismos de multitude de formas e cores. É o fogar de grandes mamíferos e multitude de peixes. Con algo de sorte e uns prismáticos, desde o acantilado é posible observar os saltos dos arroaces ou ver asomar na auga o corpo dun caldeirón.
Algas vermellas, verdes e pardas cobren a superficie das rochas e infinidade de organismos viven, refúxianse ou aliméntanse delas. Constitúen o primeiro elo da cadea trófica mariña e son os pulmóns do océano. As algas unicelulares forman parte do fitoplancto e son arrastradas polas correntes mariñas levando osíxeno e alimento a multitude de formas de vida. Nos ambientes máis protexidos da costa de Dexo-Serantes desenvólvense grandes bosques de algas laminariais (como Laminaria ochroleuca e Saccorhiza polyschides) e fucais (como Cystoseira baccata). Conxuntamente conforman un dos ecosistemas máis importantes da costa galega, pois ofrécenlle protección e alimento a multitude de fauna. |