Monumento Natural Costa de Dexo-Seranteshttps://www.ceida.org/costadexo/index.php2017-08-01T13:01:00ZJoomla! 1.5 - Open Source Content ManagementInicio-txt2009-04-17T12:25:18Z2009-04-17T12:25:18Zhttps://www.ceida.org/costadexo/index.php/component/content/article/56-inicio-txt.htmlAdministratorcostadedexo@costadedexo.com
O Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes ocupa un tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé (ao redor de 11 km de costa), situado ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares-Betanzos e da Coruña, no fondo do denominado golfo Ártabro. Pertence na súa totalidade ao concello de Oleiros, conta cunha extensión de 270 hectáreas e o seu rango altitudinal vai dos cero aos 81 m sobre o nivel do mar.

Terra e mar combínanse na costa de Dexo-Serantes dando como resultado a existencia de fermosas paisaxes cheas de vida e nas que se reúnen destacados trazos xeomorfolóxicos e relevantes elementos de flora e fauna.

A paisaxe é o recurso por excelencia deste espazo natural do concello de Oleiros, que, xunto á súa riqueza biolóxica, fixeron que se declarase esta costa Monumento Natural no ano 2000. Actualmente, conta ademais con outras figuras de protección: Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria, polo que está integrado na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.

O obxectivo desta web é axudar non só ao coñecemento e desfrute deste espectacular lugar, senón tamén ao coidado dos seus valores e á persistencia destes no tempo.