Inicio

Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Mapa de situación da Costa de Dexo-SerantesO Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes ocupa un tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé (ao redor de 11 km de costa), situado ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares-Betanzos e da Coruña, no fondo do denominado golfo Ártabro. Pertence na súa totalidade ao concello de Oleiros, conta cunha extensión de 270 hectáreas e o seu rango altitudinal vai dos cero aos 81 m sobre o nivel do mar.

Terra e mar combínanse na costa de Dexo-Serantes dando como resultado a existencia de fermosas paisaxes cheas de vida e nas que se reúnen destacados trazos xeomorfolóxicos e relevantes elementos de flora e fauna.

A paisaxe é o recurso por excelencia deste espazo natural do concello de Oleiros, que, xunto á súa riqueza biolóxica, fixeron que se declarase esta costa Monumento Natural no ano 2000. Actualmente, conta ademais con outras figuras de protección: Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria, polo que está integrado na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.

O obxectivo desta web é axudar non só ao coñecemento e desfrute deste espectacular lugar, senón tamén ao coidado dos seus valores e á persistencia destes no tempo.

 

 CEIDA  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Concello de Oleiros

Páxina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.

Feito con Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.