Inicio Patrimonio Natural Medio Mariño

Un mar ateigado de vida PDF Imprimir Correo-e

A paisaxe verde da costa de Dexo-Serantes transfórmase en multicolor baixo a superficie do mar. As súas augas albergan gran diversidade de organismos de multitude de formas e cores. É o fogar de grandes mamíferos e multitude de peixes. Con algo de sorte e uns prismáticos, desde o acantilado é posible observar os saltos dos arroaces ou ver asomar na auga o corpo dun caldeirón.

medio mariñoBaixo a superficie do mar millóns de formas de vida poboan cada rocha, cada fenda ou viven entre os grans de area: o polbo, o choco, a nécora, a mincha, o percebe, o mexillón, o ourizo, a estrela de mar, o cangrexo ermitán... Entre eles nadan unha grande diversidade de peixes como a robaliza, as maragotas, raias, congros, e o sargo real entre outros.

Algas vermellas, verdes e pardas cobren a superficie das rochas e infinidade de organismos viven, refúxianse ou aliméntanse delas. Constitúen o primeiro elo da cadea trófica mariña e son os pulmóns do océano. As algas unicelulares forman parte do fitoplancto e son arrastradas polas correntes mariñas levando osíxeno e alimento a multitude de formas de vida. Nos ambientes máis protexidos da costa de Dexo-Serantes desenvólvense grandes bosques de algas laminariais (como Laminaria ochroleuca e Saccorhiza polyschides) e fucais (como Cystoseira baccata). Conxuntamente conforman un dos ecosistemas máis importantes da costa galega, pois ofrécenlle protección e alimento a multitude de fauna.

 

https: https:
CEIDA  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Concello de Oleiros

P&https:e;xina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.

Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.