En relación co valor botánico do espazo, os cantís e as zonas chás por encima deles atesouran unha estupenda representación de pasteiros e matogueiras das costas atlánticas. Manteñen diversas comunidades ben conservadas nas que aparecen varios endemismos galaicos e do noroeste da península Ibérica. Existen ademais varias colonias de aves típicas de acantilados entre as que destacan especies de elevado interese pola súa reprodución escasa ou moi localizada en Galicia, tales como o andoriñón real ou o lagarteiro. A relevancia e singularidade deste espazo natural vese potenciada por atoparse enclavado nunha das zonas máis densamente poboadas e transformadas de Galicia, na área metropolitana da cidade da Coruña. |
|
Páxina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.
Feito con Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.