Paisaxe vexetal de grande interese PDF Imprimir Correo-e

O valor botánico do espazo reside no bo estado de conservación das comunidades vexetais dos rochedos e acantilados costeiros e na presenza de varios endemismos e especies de relevante interese xeográfico.

A vexetación da área distribúese en tres zonas en función da súa proximidade ao mar:

  • Zona máis baixa e próxima ao mar, ocupada por especies que se instalan nas paredes e fendas do acantilado como liques e brións.
  • Zona de pasteiro e matogueira costeiros, situada xusto por enriba da anterior, caracterizada polo perexil de mar e a herba de namorar.
  • Zona de vexetación que ocupa a parte máis interna da área. Está constituída basicamente por unha cuberta vexetal de matogueira non halófila, como o toxo e o breixo, e arboredo mixto de piñeiros e eucaliptos.

A maior parte do territorio está ocupada por comunidades vexetais de acantilado costeiro, onde a distribución das diferentes especies vén determinada pola proximidade ao mar. As condicións ambientais son especialmente difíciles o que vai influír na vida das especies que se instalan aquí.

 

Paisaxe vexetal Matogueira
 

https: https:
CEIDA  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Concello de Oleiros

P&https:e;xina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.

Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.