Inicio A pegada do home Defensas costeiras

As baterías militares PDF Imprimir Correo-e

Sobre o Seixo Branco aínda hoxe pódense observar os restos dunha instalación militar. Trátase da antiga batería de proxectores do Seixo Branco deseñada antes da Guerra Civil e que contou cun proxector de 150 cm de diámetro durante un breve lapso de tempo a comezos dos anos corenta. Ao rematar a II Guerra Mundial sufriu un lento proceso de abandono ata quedar desafectada polo Ministerio de Defensa en 1993. As súas instalacións, hoxe en ruínas, constan dun posto de combate con dúas estruturas:

  1. Un pequeno edificio abovedado ou almacén onde se gardaba o proxector cunha zona anexa para o corpo de garda. Por detrás, aínda se pode observar o foxo do proxector.
  2. Un pequeno búnker ou posto de observación para os vixías.

Posto de observaciónA I Guerra Mundial supuxera un fundamental fito na mentalidade xeoestratéxica das potencias occidentais. En España deu pé a un importante debate sobre a defensa daqueles puntos vitais do territorio como eran os portos. Ferrol era un dos máis relevantes estaleiros militares da época, polo que se decidiu dotalo dun férreo escudo protector. Como resultado de todo iso xurdiron varios plans de artillado do golfo Ártabro que culminaron, durante a ditadura de Primo de Rivera, no Plan de 1926, que convertería as rías de Ferrol e A Coruña nun dos enclaves mellor defendidos do mundo.

Este plan prevía a creación de varios grupos de baterías de costa e antiaéreas co apoio de grupos de proxectores de exploración e tiro para buscar e iluminar os posibles obxectivos. O grupo da Coruña contaría coas baterías de proxectores de Suevos, a Torre de Hércules e o Seixo Branco.

 

https: https:
CEIDA  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Concello de Oleiros

P&https:e;xina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.

Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.