O espazo natural acolle unha fauna variada |
![]() |
![]() |
![]() |
Aínda que os fondos mariños da costa de Dexo-Serantes atesouran unha boa parte da fauna total do espazo, os vertebrados terrestres teñen tamén unha importancia sobresaínte no que a diversidade e conservación se refire. O grupo faunístico máis abundante, diverso e que chama máis a atención dentro do espazo natural é o das aves. A costa de Dexo-Serantes conta cun total de 82 especies, entre mariñas e terrestres, das que 57 crían na zona. Os acantilados son elementos singulares porque aquí aniñan aves que se reproducen de forma escasa ou localizada no resto do territorio galego, como o andoriñón real ou o lagarteiro. Pódese observar voando entre as rochas ao falcón peregrino, ao corvo grande e ao rabirrubio; e na matogueira á papuxa do mato, á azulenta e ao chasco común.
Os mamíferos presentes no espazo son dos máis comúns en Galicia, aínda que a área conta con algunha especie endémica da península Ibérica como o furafollas ibérico ou a toupa ibérica. Na actualidade o catálogo conta con arredor de dezasete especies de presenza segura e once de presenza probable. Entre os mamíferos de maior tamaño que podemos encontrar na zona figura o raposo, o abundante coello e a donicela, que é un carnívoro de carácter fuxidío que se move rápido e en silencio mentres caza, entre as súas presas favoritas encóntranse os furafollas. O furaño común é un minúsculo mamífero, case cego pero con bo oído e olfacto, obxecto de moitas lendas, pois considerábase un animal dotado de innumerables calidades máxicas.
|
P&https:e;xina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.
Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.