Inicio Lecer / Servizos

Un lugar ideal para o descanso PDF Imprimir Correo-e

Sen dúbida, un dos principais atractivos turísticos co que conta o concello de Oleiros é a praia de Mera, que posúe a distinción de bandeira azul. Cos seus 250 m de longo e 30 m de ancho, está situada nunha baía resgardada desde a que se pode gozar dunha magnífica vista da ría da Coruña.

Aínda que a praia de Mera non se atopa dentro do monumento natural, é un lugar que paga a pena visitar. As súas augas tranquilas son ideais para o baño e para a práctica de deportes acuáticos como a vela, motonáutica e windsurf. Ademais, é unha zona de fondeadura de embarcacións.

Está percorrida, en toda a súa extensión, por un sendeiro litoral que continúa na veciña praia de Espiñeiro e polo cal se pode realizar un agradable paseo a pé gozando da natureza do enclave. O coidado da estética déixase notar, por exemplo, na caseta dos socorristas, cuxa estrutura en forma de tonel tombado e a súa cor discreta se integran no medio, reducindo así o impacto paisaxístico.

Casa do ArxentinoAo atoparse en zona urbana, conta con multitude de servizos. Así, un bo lugar onde comer e instalarse uns días é no hotel-restaurante “Casa do Arxentino”, un apreciado establecemento próximo á praia.

Dentro do espazo natural podemos atopar a praia de Canabal. Aínda que é máis pequena e encaixada, tamén goza de enorme beleza e valor natural.

 

https: https:
CEIDA  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Concello de Oleiros

P&https:e;xina web realizada grazas á orde do 6 de xuño de 2008, de axudas a programas de acción de Concellos incluidos na Rede Natura 2000.

Joomla!. Designed by: Free Joomla Template, website hosting. Valid XHTML and CSS.